26 sept 2013

Xornada Náutica

O xoves, 26 de setembro, 16 alumnos/as de Celeiro volverán a soltar amarras para celebrar unha xornada náutica que se desenvolverá na dársena do porto ao longo da mañá. Tras a excelente experiencia no pasado mes de xuño con clases teóricas e prácticas a cargo do monitor Tito José Villarmea Méndez, Patrón de Altura da Mariña Mercante e Patrón de embarcacións de recreo, agora, ademáis da navegación a vela e kayaks, promocionarase o remo en batel a cargo de Pablo Piñeiro, adestrador do Club de Remo de Celeiro.
O CEIP Pedrosa Latas organiza a xornada náutica na que colaboran o Casino de Viveiro, a Asociación Cultural e Deportiva Penalba e Protección Civil.