3 jul 2014

Representación teatral "PASATEMPOS"

Vídeo da representación teatral "PASATEMPOS" do autor e director Vicente Míguez, profesor do centro e responsable do Obradoiro de Teatro (Actividade Extraescolar do Centro).

21 jun 2014

I MILLA CORRENDO POLO GALEGO

Para rematar o curso ímonos todos e todas a correr!!!



19 jun 2014

Representación teatral no colexio

O Obradoiro de Teatro que dirixe o profesor Vicente Míguez puxo en escea na mañá do xoves, 19 de xuño, a obra PASATEMPOS, tamén da súa autoría.
Os alumnos e alumnas fixéronno moi ben; a obra facía un percorrido pola historia con momentos moi divertidos. Pasámolo estupendamente!!!


Excursión fin de curso 2º ciclo

E, por fín, os alumnos e alumnas do 2º ciclo, xunto cos seus titores, Paco e Beatriz, tamén fixeron a excursión de fin de curso o mércores, 18 de xuño.
Fixeron un percorrido dende Celeiro ata Ortigueira pasando por Bares e San Andrés de Teixido.
En Bares visitaron o faro, os muiños e o porto; pasaron por San Andrés de Teixido e a Garita de Herbeira para rematar na praia de Mourozos en Ortigueira.
No seguinte vídeo podemos ver unha reportaxe fotográfica da súa viaxe:

Mariñeiros por un día

Na mañá do mércores, 18 de xuño, os alumnos e alumnas de 1º ciclo, xunto cos seus titores, Eduardo e Angélica, participaron da actividade que patrocina a Confraría de Pescadores de Celeiro.
MARIÑEIROS POR UN DÍA

18 jun 2014

TELEXORNAL: "Temos moito que contar"

Presentamos unha actividade moi colaborativa, feita por case todo o alumnado e profesorado do colexio.
A iniciativa parte do Equipo de Normalización Lingüística en colaboración coa Biblioteca Escolar; trátase dun TELEXORNAL: "Temos moito que contar", no que se informa das diferentes actividades que levamos a cabo no noso colexio durante este curso.
Os presentadores principais (Inés e Antón de 2º curso) van dando paso aos diferentes reporteiros e reporteiras que nos van contando todo o acontecido:
  • Os nenos e nenas de 4º e 5º de infantil informan sobre o tempo.
  • Os de 6º de infantil dannos conta do transatlántico que chegou ata Celeiro.
  • Os de 1º curso de primaria fan unha reportaxe sobre os libros antigos que expuxeron na súa aula co gallo o Día do Libro.
  • Os de 2º curso informan sobre os proxectos "O Antigo Exipto", "O Río Landro" e sobre traballos medioambientais levados a cabo no horto escolar e o Día da Árbore e da Auga.
  • Os de 3º curso dan conta das visitas que tivemos.
  • Os de 4º curso entrevistan a dúas persoas relacionadas co Clube de Remo de Celeiro.
A continuación podemos ver o vídeo que recolle todo o TELEXORNAL


Tapas e Tapóns

Hoxe fixemos unha foto colectiva de todo o colexio, xunto coas tapas e tapóns que xuntamos durante este curso, en total uns 600 kilos.
Este curso todo o recadado irá para a axuda de nenos con problemas médicos.
Agradecemos a gran colaboración de toda a comunidade educativa con este proxecto e que para o vindeiro curso seguiremos levando a cabo.

MOITAS GRAZAS A TODOS E A TODAS


Excursión de INFANTIL ao Vicedo

O venres, 13 de xuño, todos os nenos e nenas de Infantil, xunto coas profesoras Cristina, Maricarmen, Ana, Alicia, Marta e o profesor Orlando, viaxamos en autobús ata o Vicedo levando a merenda de media mañá e os cubos e as pas para xogar na praia.
Primero xogamos no parque infantil, logo comemos e bebemos, tomamos un rico xeado e despois fumos ata a praia onde xogamos coa area e recollimos conchiñas...
Pasámolo moi ben e tamén nos portamos xenial!!!


10 jun 2014

Inspección do Río Landro

Dentro do Proxecto Ríos: "O Río Landro no Concello de Viveiro", levamos a cabo unha actividade moi interesante, tanto para o alumnado coma para o profesorado.
Na mañá do martes, 10 de xuño, e despois de aplazalo en tres ocasións por mor da choiva, os alumnos e alumnas do 3º ciclo, xunto cos profesores Antonio, Tina e Marta, fumos cara o Val do Naseiro a inspeccionar o Río Landro no treito onde se leva a cabo a Romaría do Bo Xantar.
Paco Bañobre, da Asaciación Ecolóxica ADEGA, foi o encargado de guiarnos e ensinarnos todo o relacionado coa vexetación, flora e fauna dos ríos e concretamente a do Río Landro.
Recordamos o nome de moitas árbores que nacen ao pé dos ríos, dos insectos, aves, réptiles, anfibios e demáis animais que habitan nestas augas.
Paco foi o encargado de meterse no río e recoller mostras de animais para logo nós poder observalas e clasificalas por familias; tamén analizamos o PH da auga, a temperatura...

Unha vez vistas as características do Río Landro chegamos á conclusión de que está en moi bo estado.
Seguiremos aprendendo moitas cousas máis sobre os ríos e no vindeiro curso seguiremos inspeccionando o río para concienciarnos de que é necesario coidar a nosa natureza.


9 jun 2014

Excursión fin de curso do 3º ciclo

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º curso fixeron a súa viaxe de fin de curso o 4, 5 e 6 de xuño, xunto coas profesoras Tina e Marta.
Viaxaron ata Ocero en León, onde se albergaron no Centro de Turismo Rural "EL ARBEDAL".
Alí esperábannos as monitoras Rebeca, Carmen e Sara quenes, xunto cos propietarios e a súa filla Lucía, dispostos con un montón de actividades para que o pasaran estupendamente.
O primeiro día coñeceron as instalacións e fixeron a actividade "En busca da merenda perdida", rocódromo, piscina e velada co xogo de "Rommel e Montgomery".
O segundo día era o turno para practicar cos buggies, paintball e facer pan, xogar ao fútbol con veas acendidas, presentar as cancións dos grupos e gran festa de despedida con moito baile.
O terceiro día viaxamos ata AS MÉDULAS, pasamos polo Cebreiro, pero como chovía moito non poidemos visitar as "pallozas" nin o Museo Etnográfico do Cebreiro.
Foi unha viaxe de fin de curso excepcional!!!
Podemos ver uns vídeos que resumen todas as actividades que fixemos.

3 jun 2014

Participamos en BRINQUEDIA

O colexio de Celeiro en Brinquedia


Máis de 400 nenos e nenas pertencentes a centros escolares, ANPAS e asociacións culturais de Lugo e A Coruña competiron no campo de fútbol de Cabreiros este sábado no VIII Encontro de xogos tradicionais que organiza Brinquedia, unha actividade itinerante que desenvolve esta Asociación por todo Galicia para recuperar trinta xogos que eran de fondo arraigo no país. Ao remate da xornada todos os participantes recibiron agasallos.
Polo San Martiño, Brinquedia organiza ademais cada 11 de Novembro, e a nivel escolar, o Día do Trompo (peonza), unha actividade de asistencia masiva que chegou a reunir na última edición a doce mil participantes.
Vinte e un nenos e nenas do colexio de Celeiro, acompañados de nove pais e dous profesores do centro celeirés participaron neste Encontro que resultou unha exitosa experiencia a repetir.
Os pais portáronse ben, as nais, de marabilla, e nenos e nenas, SOBRESAINTE!!!


2 jun 2014

Viaxe Cultural de Fin de Curso do 1º ciclo de primaria

O venres, 30 de maio, os alumnos e alumnas de 1º e 2º curso de primaria, xunto cos profesores: Eduardo, Angélina e Lupe, fixeron a Excursión de fin de Curso á Cidade de Mondoñedo, onde fixeron moitas actividades...
A continuación podemos ver o vídeos das moitas fotos que fixeron!!!

30 may 2014

Actuación do coro do colexio

O mércores, 28 de maio, ás 19:30 horas, na CASA DO FORNO, vai actuar o coro do colexio como peche da actividade extraescolar na que moitos nenos e nenas, dende 3º a 6º curso, participaron durante este curso 2013-2014.
A este acto están invitados as familias e todos aqueles que desexen compartir uns momentos musicais...

17 may 2014

Celebramos o Maio e as LETRAS GALEGAS

Mañá sábado, día 17 de maio celebránse as LETRAS GALEGAS, por iso nós hoxe imos adiantar esta celebración que, coma en anos anteriores, unimos tamén á celebración dos MAIOS.
Nas clases faremos traballos sobre o persoeiro homenaxeado, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, pero despois do recreo faremos actividades conxuntas: 
  • Os alumnos e alumnas de 6º curso vannos a facer unha presentación sobre a vida e obra de Díaz Castro 
  • Despois contaremos coas actuacións dos avós MARIÑEIROS e o coro SONS DE CELEIRO, dirixidos por Daniel Caxete. 
  • Nós tamén cantaremos unhas cancións sobre OS RÍOS e remataremos cantando todos xuntos "A saia da Carolina".
Pero as nosas actividades non rematan aquí pois á tarde, o Coro do Colexio, terá a oportunidade de cantar na Clausura da Exposición "De aqueles contos...novos finais".

15 may 2014

EXPOSICIÓN "De aqueles contos...a novos finais"

A Exposición conxunta dos Centros Educativos do PLAMBE A Mariña está tendo un gran éxito con moita asistencia a todas as actividades que podemos seguilas 

6 may 2014

Saída ao nacemento do Río Landro

O venres, 2 de maio, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, xunto coas profesoras Beatriz, Rosa, Virginia e o profesor Paco, subiron á Serra do Xistral chegando á  parroquia do Viveiró no Concello de Muras en busca no nacemento do Río Landro.

Nas seguintes presentacións podemos ver fotos que nos amosan unha magnífica paisaxe e son recordo da aprendizaxe deste día tan estupendo!



2 may 2014

Actividade Voz Natura e Proxecto Ríos

Esta actividade estaba programada para o 23 de abril pero co mal tempo non poidemos facela ata o día de hoxe.
Visitamos o Souto da Retorta en Chavín e vimos o Río Landro.
Participaron o alumnado de Infantil e 1º ciclo de Primaria, xunto co profesorado dos diferentes cursos: Ana, Maricarmen, Cristina, Eduardo, Angélica e as especialistas Eva, Lupe, Alicia e Marta.
Tivemos unha mañá con moi bo tempo e aprendimos moitas cousas. Pasámolo estupendamente!!!

28 abr 2014

Celebramos o Día do Libro

Con motivo da Celebración do Día do Libro, na Bibliosoños fixemos a "LECTURA DEL QUIJOTE", un proxecto que está levando a cabo José Antonio Abella, avó da alumna Iria Basanta de 6º curso, baixo o título:

 Alumnos e alumnas de 3º, 4º , 5º e 6º curso leron parte do Capítulo VII da 2ª parte de "El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha" de Miguel de Cervantes Saavedra.
José Antonio Abella Albo é veciño de Celeiro, gran colaborador no eido cultural tanto no Concello de Viveiro coma en toda A Mariña.
Os seus vídeos podémolos visualizar a través da súa páxina en YOUTUBE.

Tamén pasaron pola Bibliosoños os alumnos e alumnas de Infantil para ter unha Sesión de Formación de Usuarios, na que se lles explicou a función da Biblioteca no Centro, a situación dos seus libros preferidos, as partes dun libro... para rematar coa visualización da selección duns vídeos especiais para eles.

10 abr 2014

Viaxe Cultural do 2º ciclo

O mércores, 9 de abril, os alumnos e alumnas de 3º e 4º curso, acompañados dos seus profesores Paco e Beatriz,  fixeron a viaxe cultural programada para este curso: Visita á capital da provincia, LUGO.
A primeira parada foi ao nacemento do RÍO MIÑO.
Visitamos tamén o MUSEO PROVINCIAL.
Paseamos pola MURRALLA.
Percorrimos as rúas ata chegar á CATEDRAL.
Comida e tempo de xogo no PARQUE ROSALÍA DE CASTRO.
De volta á casa paramos a merendar no PASEO FLUVIAL DE VILALBA.

Aprendemos moitas cousas e pasámolo moi ben!

9 abr 2014

Celebramos o Día da Árbore e da Poesía

Esta actividade estaba programada para o  mércores, 21 de marzo para celebrar o Día da Árbore e da Poesía, pero como estivo moi mal tempo non poidemos saír a carón das nosas árbores  ata o día de hoxe.
Cada curso apadriñou unha árbore e lle adicou unha poesía. Os traballos feitos podémolos ver no seguinte enlace:

APADRIÑAMOS AS NOSAS ÁRBORES

7 abr 2014

Charla informativa cun fotógrafo

No día de hoxe tivemos a sorte de poder contar coa visita especial de Juan Antonio Fernández Vázquez, membro da Asociación "OS NEGATIVOS".
http://osnegativosviveiro.blogspot.com.es/

Deunos unha charla informativa sobre como facer fotos e despois editalas para sacarlles o mellor resultado.
A actividade está relacionada co Encontro Fotográfico que imos realizar a través do Proxecto Ríos: "O Río Landro no Concello de Viveiro" e tamén coa "Semana da Arte na Mariña"

11 mar 2014

Sesión de Contacontos na Bibliosoños


  ANXO MOURE estivo na Bibliosoños contándonos contos fermosos e  o libro:

"A XACIA LUVIÑAS"

http://www.rios-galegos.com/venasgxacia.htm

A historia ensina aos nenos e nenas a non pelexarse, a coidar dos ríos e sobre todo a acariciar. Conta as lendas que os xacios e as xacias son seres medio humanos, medio peixes, que vivían nos pozos dos ríos.

27 feb 2014

Celebramos o Entroido

Todas as actividades desta celebración podemos velas no


http://entroido2010.blogspot.com.es/search?updated-min=2014-01-01T00:00:00-08:00&updated-max=2015-01-01T00:00:00-08:00&max-results=4

24 feb 2014

Dia de Rosalía de Castro

https://sites.google.com/site/bibliosonosrosaliadecastro/rosalia-de-castro-e-o-rio
Todas as actividades podemos velas na seguinte páxina

21 feb 2014

Viaxe Cultural do 3º ciclo


Os alumnos e alumnas do 3º ciclo de primaria viaxan ata Santiago de Compostela o venres, 21 de febreiro, acompañados dos seus profesores.
Visitarán:

18 feb 2014

Teatro no colexio

O martes, 18 de febreiro, os alumnos e alumnas de Primaria tiveron unha sesión de Teatro por xentileza da Editorial Santillana.

A obra titúlase "A súa vida".
Compañía: Leda Teatro.

Que ben o pasamos! Foi unha representación estupenda!!!

3 feb 2014

Todo sobre o DÍA DA PAZ

As actividades que fixemos podemos atopalas no BLOG ESPECIAL



https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjBp58Z1tCYf0Yr-anscV7hz9sp597B3kzjNTSlMZ7TaoeBbIL7ums8xl8J0S5vMq8z4oWUArtl4HNE0DBX1SiIOHSmz_T4rLr-A1QCZhcY0yEYpp2Gke8AWGt3wfMgf7pZM-5NMKRnh41l/s1600-r/paz.jpg


24 ene 2014

Mariñeiros por un día


Ofrécenos a seguinte actividade, trátase de:
(Clica na imaxe)


http://www.cofradiaceleiro.com/marineros-por-un-dia/


 Singradura para escolares

(Crónica de Vicente Míguez)

Dentro da campaña que desenvolve a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo para achegar o mundo mariñeiro a escolares, este xoves 34 alumn@s do colexio de Celeiro, acompañados de dous profesores, asistiron a unha serie de actividades que lles ocuparon toda a mañá. Inciaron esta particular singradura nas oficiñas de Puerto Celeiro onde un operario da lonxa presentoulles as instalacións e dependencias da rula, detallándolles todo o proceso de comercialización do peixe, dende a descarga ata que se vende. Así mesmo, impartiu un clase práctica de distinción das especies mariñas máis comúns nos portos galegos, unha experiencia que viviron coa entrada no peirao da lancha “Playa de Cillero” que botou as capturas dunha boa marea diante do alumnado; o patrón atendeu ás preguntas plantexadas por algún neno explicándolles o arte de miños e trasmallos cos que faenan algunhas embarcacións de baixura.

Dentro da programación establecida visitaron a planta de viveiros onde gardan o marisco, asistiron a dúas charlas impartidas por Ignacio, que lles presentou o sublift, máquina para izar embarcacións de tonelaxe da baixura cando precisan reparación ou para servizo de mantemento.

Finalmente, no Centro Vicente Gradaílle, dous profesores de Salvamento Marítimo describiron cunha clase práctica as medidas de seguridade abordo así como a secuenciación nos casos de salvamento dunha embarcación.

A Confraría de Celeiro agasallou aos participantes con camisetas, material escolar ademais de información relativa ao mundo do mar, específicamente ao sector pesqueiro.



Os alumnos do 2º ciclo tamén visitaron as instalacións de Puerto Celeiro S.A.
o martes, 28 de xaneiro



29 nov 2013

O Son da Nosa Fala na BIBLIOSOÑOS


Radio Lugo-Cadena Ser estará durante a mañá do mércores, 27 de novembro, na nosa Biblioteca gravando as voces dos nosos alumnos e alumnas, a través do programa "O Son da Nosa Fala". 
Esta idea orixinaria de Paco Nieto e Tania Lombao naceu no ano 2012 no que se celebrou o centenario do poeta de Celenova, Celso Emilio Ferreiro.
Este ano 2013 está adicado a Manuel María, finado hai xa 10 anos, e con elo queren apoiar a candidatura do poeta chairego para o Día das Letras Galegas do ano 2015.
Os poemas que van recitar son do libro Soños na Gaiola.

O programa emítese ás 13:55 e para poder escoitar aos nosos alumnos e alumnas podemos mirar na axenda do xornal El Progreso que nos dirá que colexio vai participar cada día.
Ao finalizar este proxecto editarase un Audio Libro no que se incluirán fotografías e as gravación dos poemas de todos os participantes.


20 nov 2013

Celebramos o Día dos Dereitos da Infancia

Na Bibliosoños estamos de celebración pois hoxe é 20 de novembro, Día dos Dereitos dos Nenos e Nenas.
Preparamos unhas actividades especiais para os alumnos e alumnas de Infantil e tamén para o 1º ciclo de Primaria, nas que repasamos os  Dereitos e tamén falamos dos nosos Deberes.
Aprendimos moito! e para rematar a sesión cantamos todos xuntos a Canción dos Dereitos.
 

6 nov 2013

Visita dos técnicos de SOGAMA

 
O mércores, 6 de novembro, tivemos a oportunidade de contar con dous técnicos de SOGAMA que impartiron unhas charlas informativas aos nosos alumnos e alumnas, dende 1º a 6º curso.
Estas charlas forman parte das actividades que programamos ao longo do curso para seguir traballando a reciclaxe no colexio, nas casas e nas rúas.

1 nov 2013

Celebramos o Samaín e o Magosto

Coma en anos anteriores, fixemos dúas exposicións de cabazas disfrazadas, unha de Infantil e outra de Primaria.

Este ano as cabazas foron ata o Antigo Exipto e convertéronse en faraóns, momias, deuses...


E coma todos os anos, cando as castañas xa están maduras e listas para seren degustadas, no colexio preparamos a gran FESTA DO MAGOSTO.

Todo está preparado:

  • o día non pode estar máis soleado
  • os asadores do colexio (Eduardo e Enrique) fan as brasas para poñer as castañas a asar lentamente...
  • os nenos e nenas desexosos de encher os seus cucuruchos
  • as profesoras e profesores organizan as filas e buscan o mellor sitio para a degustación
  • e así rematamos o mes de outubro, que despois da gran ponte de Santos, traeranos o largo mes de Novembro.

29 oct 2013

Clases complementarias de inglés

Programa experimental de acompañamento escolar en linguas estranxeiras.
A iniciativa está dirixida a reforzar a aprendizaxe activa do inglés en escolas de educación primaria.
As clases serán os luns e mércores de 16:00 a 18:00 horas; darán comezo o luns, 4 de novembro e estará impartido pola profesora do centro: Lupe Fernández.

22 oct 2013

Celebramos o Día das Bibliotecas Escolares

Durante a semana do 21 ao 25 de outubro fixemos moitas actividades para celebrar o Día das Bibliotecas Escolares.

temos máis información.

9 oct 2013

Traballando no horto escolar

A finais de setembro y primeiros de outubro fumos pasando polo Horto Escolar para recoller os froitos que plantamos durante a primavera.
Collimos tomates cherry, pementos, cenorias, millo, cabazas...
Neste pequeno vídeo podemos ver algúns dos cursos facendo recollendo a colleita.

7 oct 2013

Aprendemos a facer nós

Na primeira semana de outubro, Tito Villarmea, ensinounos a facer nós mariñeiros.
Esta actividade quedou pendente no curso pasado que traballamos o Proxecto O MAR.
Aprendimos a facer varios nudos e pasámolo moi ben con Tito. Moitas gracias pola túa colaboración.

30 sept 2013

Semana de Inmersión Lingüística

Os nosos alumnos e alumnas, xunto coas profesoras Rosa e Virginia, xa están en
A través do blog de inglés, The Lighthouse, pódese seguir as actividades que están a realizar.

Tamén a través do seguinte link:
www.zonafamiliasymca.es
user(usuario):982560761
password(contrasinal)7894

26 sept 2013

Xornada Náutica

O xoves, 26 de setembro, 16 alumnos/as de Celeiro volverán a soltar amarras para celebrar unha xornada náutica que se desenvolverá na dársena do porto ao longo da mañá. Tras a excelente experiencia no pasado mes de xuño con clases teóricas e prácticas a cargo do monitor Tito José Villarmea Méndez, Patrón de Altura da Mariña Mercante e Patrón de embarcacións de recreo, agora, ademáis da navegación a vela e kayaks, promocionarase o remo en batel a cargo de Pablo Piñeiro, adestrador do Club de Remo de Celeiro.
O CEIP Pedrosa Latas organiza a xornada náutica na que colaboran o Casino de Viveiro, a Asociación Cultural e Deportiva Penalba e Protección Civil.


19 sept 2013

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2013-2014

Estanse enviando ás familias as ofertas das Actividades Extraescolares para o curso 2013-2014.
Nas seguinte presentacións podemos ler as ofertas.


13 sept 2013

Inmersión Lingüística para os alumnos do 3º ciclo

Un total de 25 alumnos e alumnas participarán no programa de inmersión lingüística durante a semana do 29 de setembro ao 5 de outubro.
Para elo viaxarán ataa Comunidade de Castilla-La Mancha

  • Centro de Aire Libre YMCA (Priego, Cuenca)
    Ctra Priego-San Pedro Palmiches km 4
    16800 Priego (Cuenca)