Singradura para escolares
(Crónica de Vicente Míguez)
Dentro
da campaña que desenvolve a Confraría de Pescadores Santiago Apóstolo para
achegar o mundo mariñeiro a escolares, este xoves 34 alumn@s do colexio de
Celeiro, acompañados de dous profesores, asistiron a unha serie de actividades
que lles ocuparon toda a mañá. Inciaron esta particular singradura nas oficiñas
de Puerto Celeiro onde un operario da lonxa presentoulles as instalacións e
dependencias da rula, detallándolles todo o proceso de comercialización do
peixe, dende a descarga ata que se vende. Así mesmo, impartiu un clase práctica
de distinción das especies mariñas máis comúns nos portos galegos, unha
experiencia que viviron coa entrada no peirao da lancha “Playa de Cillero” que
botou as capturas dunha boa marea diante do alumnado; o patrón atendeu ás
preguntas plantexadas por algún neno explicándolles o arte de miños e
trasmallos cos que faenan algunhas embarcacións de baixura.
Dentro
da programación establecida visitaron a planta de viveiros onde gardan o
marisco, asistiron a dúas charlas impartidas por Ignacio, que lles presentou o
sublift, máquina para izar embarcacións de tonelaxe da baixura cando precisan
reparación ou para servizo de mantemento.
Finalmente,
no Centro Vicente Gradaílle, dous profesores de Salvamento Marítimo describiron
cunha clase práctica as medidas de seguridade abordo así como a secuenciación
nos casos de salvamento dunha embarcación.
A
Confraría de Celeiro agasallou aos participantes con camisetas, material escolar
ademais de información relativa ao mundo do mar, específicamente ao sector
pesqueiro.
Os alumnos do 2º ciclo tamén visitaron as instalacións de Puerto Celeiro S.A.
o martes, 28 de xaneiro
o martes, 28 de xaneiro